Requisitos para participar nun obradoiro de emprego como alumno/a traballador/a ou como persoal docente e de apoio
Procedemento de selección do alumnado:
É preciso facer unha oferta de emprego na correspondente oficina de emprego (Betanzos).
Requisitos que deben reunir os candidatos a participar:
É preciso facer unha oferta de emprego na correspondente oficina de emprego (Betanzos).
Requisitos que deben reunir os candidatos a participar:
- Ter máis de 25 anos
- Estar desempregados e inscritos como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia.
- Poder vincularse mediante un contrato para a formación.
- Teñen preferencia as persoas con especiais dificultades para a súa inserción no mercado de traballo. As persoas mozas menores de trinta anos, as mulleres en xeral, as mulleres vítimas de violencia, os traballadores/as que esgotaron as prestacións e subsidios por desemprego, as persoas paradas de longa duración, as persoas maiores de corenta e cinco anos, as persoas con discapacidade, sempre que poidan realizar os traballos e as persoas pertencentes a outros colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social, especialmente, beneficiarios/as da renda de integración social de Galicia.
Persoal docente e de apoio:
Para a realización das función encomendadas, as entidades promotoras deben contratar persoal directivo e técnico, especialista nas materias obxecto de estudo e actuación, así como o persoal de apoio necesario, baixo a modalidade contractual máis adecuada en cada caso ás actividades e tarefas que van desenvolver.