viernes, 29 de abril de 2011

QUE É UN OBRADOIRO DE EMPREGO




Un programa mixto de formación e emprego promovidos por entidades públicas e privadas se ánimo de lucro, están dirixidos a mellorar a ocupablidade das persoas desempregadas maiores de 25 anos, a través da súa cualificación profesional en alternancia coa adquisición de experiencia laboral mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de utilidade pública ou interese social, coa finalidade de procurar a súa cualificación profesional para deste xeito favorecer a súa inserción laboral.

Beneficiarios:
Mozos e mozas que estando desempregados e inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia maiores de 25 anos.
Beneficiarios/as da subvención: entidades promotoras.
  • -Organismos autónomos e entes e sociedades públicas e de dereito público da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • -Organos, organismos autónomos e entes e sociedades públicas e de dereito público da Administración xeral do Estado.
  • -Entidades locais e os seus organismos autónomos ou entidades que exerzan as competencias daquelas en materia de promoción do emprego ou de formación dos traballadores e traballadoras, dependentes ou asimiladas a elas, cuxa titularidade corresponda integramente ás ditas entidades locais.
      •    Consorcios
      •    Universidades.
  • -Fundacións, asociacións e outras entidades sen ánimo de lucro.
Duración:
Teñen unha duración máxima dun ano, así como unha única etapa de formación en alternancia co traballo ou a práctica profesional, que tamén estará dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional.
Formación:
Durante a desenvolvemento do obradoiro os alumnos/as traballadores/as, recibirá formación profesional para o emprego. Será contratado pola entidade promotora ( neste caso o concello), na modalidade de contrato para a formación, percibindo as retribucións salariais que lle corresponden ( o 150% do salario mínimo interprofesional)
Formación complementaria:
Impartiranse as materias de alfabetización informática, sensibilización ambiental e sensibilización en igualdade de xénero. Tamén se impartirá formación en materia de prevención de riscos laborais correspondente á ocupación que vai desenvolver, tendo en conta os contidos recollidos no correspondente certificado de profesionalidade. O alumnado durante todo o proceso recibirá orientaición, asesoramento, información profesional e formación empresarial, para o cal deberase contar co persoal e metodos axeitados.
Proporcionaráselles unha formación básica e profesional que lles permita incorporarse á vida activa ou proseguir os seus estudos nas distintas ensinanzas reguladas na antedita lei orgánica e, especialmente, mediante as probas de acceso correspondentes. Esto taméns se aplicará ás persoas que non posúan o título de graduado escolar.
Certificados e Diplomas:
Finalizada a súa participcipación na escola obradoiro, casa de oficios ou obradoiro de emprego o alumnado-traballador recibirá un certificado expedido pola entidade promotora, no que constará  a duración en horas da súa participación no programa, así como o nivel de formación teórico-práctica adquirido e os módulos formativos cursados. Este certificado poderá servir total ou parcialmente, e se é o caso, e logo dos requisitos que se determinen, para ser validado no seu momento polo certificado de profesionalidade previsto no Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade.
A Consellería de Traballo e Benestar concederá ós alumno/as traballadores/as participantes uns diplomas en que se recollerá a duración da súa participación no proxecto, de conformidade co modelo e as instrucións que estableza a Dirección Xeral de Promoción do Emprego.