O territorio onde pretende levarse a cabo este proxecto caracterízase por ser do interior da comunidade, de gran extensión e núcleos de poboación moi espallados, a poboación polo tanto padece as carencias de centros de servizos nos arredores e para desenvolver as actividades de comunidade é necesario contar cunha rede de servizos que poidan dar cobertura ás demandas que poidan xurdir entre a poboación que se caracteriza pola existencia dun número significativo de persoas maiores.
Estas notas características do noso territorio fan que sexa necesaria e destacable a labor de dinamización a distintos niveis e en distintos eidos, a cultura, os deportes... sen esquecer a importancia que ten a participación na vida social, económica e laboral da comunidade, por parte de toda a veciñanza.

Todos estes aspectos, ben desenvoltos, reflíctense na existencia dunha calidade de vida desexable e pola que os actores sociais teñen que traballar, por esta razón inténtase dar cobertura ás necesidades que presenta a poboación, á vez que se promove a inserción laboral daquelas persoas que poden ter máis dificultades a optar ó mercado laboral.