Un programa mixto de formación e emprego promovidos por entidades públicas e privadas se ánimo de lucro, están dirixidos a mellorar a ocupablidade das persoas desempregadas maiores de 25 anos, a través da súa cualificación profesional en alternancia coa adquisición de experiencia laboral mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de utilidade pública ou interese social, coa finalidade de procurar a súa cualificación profesional para deste xeito favorecer a súa inserción laboral.
OBRADOIRO DE EMPREGO CONCELLO DE ARANGA
(EXERCICIO 2010-2011)

viernes, 29 de abril de 2011
OS ALUMNOS/AS-TRABALLADORES/AS E O PERSOAL DOCENTE
Requisitos para participar nun obradoiro de emprego como alumno/a traballador/a ou como persoal docente e de apoio
Procedemento de selección do alumnado:
É preciso facer unha oferta de emprego na correspondente oficina de emprego (Betanzos).
Requisitos que deben reunir os candidatos a participar:
É preciso facer unha oferta de emprego na correspondente oficina de emprego (Betanzos).
Requisitos que deben reunir os candidatos a participar:
- Ter máis de 25 anos
- Estar desempregados e inscritos como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia.
- Poder vincularse mediante un contrato para a formación.
- Teñen preferencia as persoas con especiais dificultades para a súa inserción no mercado de traballo. As persoas mozas menores de trinta anos, as mulleres en xeral, as mulleres vítimas de violencia, os traballadores/as que esgotaron as prestacións e subsidios por desemprego, as persoas paradas de longa duración, as persoas maiores de corenta e cinco anos, as persoas con discapacidade, sempre que poidan realizar os traballos e as persoas pertencentes a outros colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social, especialmente, beneficiarios/as da renda de integración social de Galicia.
O XERME DO OBRADOIRO
O territorio onde pretende levarse a cabo este proxecto caracterízase por ser do interior da comunidade, de gran extensión e núcleos de poboación moi espallados, a poboación polo tanto padece as carencias de centros de servizos nos arredores e para desenvolver as actividades de comunidade é necesario contar cunha rede de servizos que poidan dar cobertura ás demandas que poidan xurdir entre a poboación que se caracteriza pola existencia dun número significativo de persoas maiores.
ESTUDIO DO PARO NO ÁMBITO TERRITORIAL
Estudio por colectivos e vinculación á solicitude dun obradoiro de emprego coa estrutura do paro do ámbito territorial.
A estrutura do paro no ámbito territorial que abrangue o concello responde ás características da estacionalidade dalgunha das ocupacións como pode ser a do sector servizos que se ve diminuída nas épocas que corresponden á primavera e verán principalmente.
Tendo en conta que o sector da industria verá incrementadas as saídas laborais coa implantación de distintas empresas na comarca, e máis especificamente, nos concellos limítrofes, e no de Aranga. Considérase que os sectores que máis necesitan dun pulo para que os demandantes de emprego do concello se inserten laboralmente son o da construción e os servizos á comunidade.
(Clic na imaxe para ampliar)

ESTATÍSTICAS DE PARTICIPACIÓN DE ALUMNOS/AS-TRABALLADORES/AS DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA NO DOMICILIO
martes, 19 de abril de 2011
NORMATIVA QUE REGULA OS OBRADOIROS DE EMPREGO
Decreto 289/1997, do 9 de octubro, sobre asunción do traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia, mediante Real Decreto 1375/1997, do 29 de agosto, da xestión realizada polo Instituto Nacional de Emprego no ámbito do traballo, emprego, e formación (DOG núm. 201, do 17/10/1997)
Decreto 83/2009, do 21 de abril, polo que se fixa a estructura orgánica da Xunta de Galicia (DOG núm. 77, do 22/04/2009).
Escolas Obradorio, Casas de Oficios e Obradoiros de Emprego:
Orde do 18 de marzo de 2010, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os programas de escolas obradoiro e casas de oficio, de obradoiros de emprego e de unidades de promoción e desenvolvemento no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede a súa convocatoria para o ano 2010.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)